Política de privacidade

O titular cumpre coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e de Garantía de Dereitos Dixitais (LOPD GDD) e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas (RXPD).

O uso deste sitio web implica a aceptación desta Política de privacidade, así como das condicións incluídas no Aviso legal.

Identificación e titularidade

A continuación expóñense os datos identificativos do titular:

  • Titular: Pedro Iglesias Fernández.
  • NIF: 35575783G
  • Domicilio social: Camiño de Torroso, 60. 36419 – Sanguiñeda (Mos, Pontevedra)
  • Correo electrónico: ezr.galiza@gmail.com
  • Sitio web: ezetaerre.com

Principios aplicados no tratamento de datos

No tratamento dos datos persoais do usuario, o titular aplicara os seguintes principios, que se axustan ás esixencias do Regulamento europeo de protección de datos:

  • Principio de licitude, lealdade e transparencia: o titular sempre pedirá o consentimento para o tratamento dos datos persoais, que pode ser para un ou varias finalidades específicas, sobre os que o titular informará ao usuario previamente e con absoluta transparencia.
  • Principio de minimización de datos: o titular só solicitará os datos estritamente necesarios para ditas finalidades.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: o titular manterá os datos persoais durante o tempo estritamente necesario para as finalidades do tratamento.
  • Principio de integridade e confidencialidade: os datos persoais recollidos serán tratados para que a súa seguridade, confidencialidade e integridade estean garantidas.

Obtención de datos persoais

Para navegar por ezetaerre.com non é necesario que o usuario facilite ningún dato persoal.

O usuario proporciona os seus datos persoais ao contactar a través dos formularios de contacto ou ao enviar un correo electrónico.

Dereitos

O usuario ten os seguintes dereitos sobre os seus datos persoais:

  • Solicitar o acceso aos datos almacenados.
  • Solicitar unha rectificación ou a cancelación.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Opoñerse ao tratamento.
  • O usuario non pode exercitar o dereito á portabilidade dos datos.

O exercicio destes dereitos é persoal e, polo tanto, ten que ser exercido directamente polo interesado, que terá que solicitarllo directamente ao titular. Así, calquera cliente, subscritor ou colaborador que facilitara os seus datos, pode dirixirse ao titular e pedir información sobre os datos que ten almacenados, como obtivo eses datos, solicitar a súa rectificación ou a limitación do uso ou pedir a cancelación deses datos nos ficheiros do titular.

Para exercitar estes dereitos, o usuario terá que enviar un correo electrónico a ezr.galiza@gmail.com xunto cunha proba válida en dereito, como unha fotocopia do DNI ou equivalente.

O usuario ten dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos) se este considera que o tratamento dos datos persoais infrinxe o Regulamento.

Finalidade do tratamento de datos persoais

Cando o usuario accede ao sitio web para enviar un correo ao titular, está a facilitar información de carácter persoal, da que o responsable é o titular. Esta información pode incluír datos como a dirección IP, nome e apelidos, dirección física, dirección de correo electrónico, número de teléfono, etc. De facilitar esta información, o usuario está a dar o seu consentimento para que dita información sexa recompilada, xestionada e almacenada polo titular e cdmon.com só como se describe no Aviso legal e na presente Política de privacidade.

Ao enviar unha mensaxe mediante os formularios de contacto, o titular solicita datos persoais como o nome e apelidos, a dirección de correo electrónico, o número de teléfono ou a dirección do sitio web do usuario coa finalidade de responder ás súas consultas. Por exemplo, o titular pode utilizar estes datos para dar resposta ás mensaxes, dúbidas, queixas ou comentarios do usuario con respecto da información incluída no sitio web, os servicios que se prestan a través do sitio, o tratamento dos datos persoais e cuestión sobre os textos legais incluídos no sitio web, así como calquera outra consulta.

Existen outras finalidades polas que o titular trata os datos persoais:

  • Para garantir o cumprimento das condicións recollidas no Aviso legal e na lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axuden ao sitio web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiar e mellorar os servizos que ofrece este sitio web.
  • Para xestionar as redes sociais. O titular ten presenza en redes sociais. Se o usuario segue as redes sociais do titular, o tratamento dos datos persoais quedará rexido por este apartado, así como polas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso das redes que procedan en cada caso. Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestas ligazóns: Facebook, Twitter, YouTube, Instagram, LinkedIn. O titular tratará os datos persoais dos usuarios coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informar das súas actividades, así como para calquera outra finalidade que permitan as normativas das redes sociais. O titular nunca empregará os perfís dos seguidores en redes sociais para enviar publicidade de xeito individual.

Seguridade dos datos persoais

Para protexer os datos persoais do usuario, o titular toma tódalas precaucións razoables e segue as mellores prácticas da industria para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración o destrución dos mesmos.

O sitio web esta aloxado en cdmon.com. A seguridade dos datos está garantida, xa que toman todas as medidas de seguridade necesarias. Pódese consultar a súa política de privacidade para máis información.

O titular informa ao usuario de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiros, coa excepción de que dita cesión estea amparada nunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só se cederán os datos cando o titular dispoña do consentimento expreso do usuario.

Porén, nalgúns casos pódense realizar colaboracións con outros profesionais. Nestes casos, informarase ao usuario da identidade do colaborador e da finalidade da colaboración, requirindo o seu consentimento.

Contido doutros sitios web

As páxinas deste sitio web poden incluír contido incrustado (vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web equivale a visitar a web que aloxa ese contido nativamente.

Estes sitios web poden recompilar datos sobre o usuario, empregar cookies, incrustar códigos de seguimento de terceiros e supervisar as interaccións do usuario usando ditos códigos.

Lexitimación para o tratamento de datos

A base legal para o tratamento dos datos do usuario é o consentimento.
Para contactar co titular, o usuario ten que aceptar a presente Política de privacidade.

Categorías de datos persoais

As categorías de datos persoais que trata o titular son:

  • Datos identificativos.

Conservación de datos persoais

Os datos persoais que se proporcionen ao titular conservaranse ata que se solicite a súa eliminación.

Exactitude e veracidade dos datos persoais

O usuario comprométese a que os datos facilitados ao titular sexan correctos, completos, exactos e vixentes, así como a mantelos debidamente actualizados. O usuario do sitio web é o único responsable da veracidade e corrección dos datos remitidos ao sitio, exonerando ao titular de calquera responsabilidade ao respecto.

Aceptación e consentimento

O usuario do sitio web declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos de carácter persoal e acepta e consinte o tratamento dos mesmos por parte do titular nas formas e finalidades indicadas nesta Política de privacidade.

Revocabilidade

Para exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, o usuario ten que enviar un correo electrónico a ezr.galiza@gmail.com xunto cunha proba válida en dereito, como unha fotocopia do DNI ou equivalente.
O exercicio destes dereitos non inclúe ningún dato que o titular teña que conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Cambios na Política de privacidade

O titular resérvase o dereito a modicar a presente Política de privacidade para adaptala a novedades lexislativas ou de xurisprudencia, así como a prácticas da industria. Estas políticas estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.