Aviso legal

Identificación e titularidade

A continuación expóñense os datos identificativos do titular:

  • Titular: Pedro Iglesias Fernández.
  • NIF: 35575783G
  • Domicilio social: Camiño de Torroso, 60. 36419 – Sanguiñeda (Mos, Pontevedra)
  • Correo electrónico: ezr.galiza@gmail.com
  • Sitio web: ezetaerre.com

Finalidade

A finalidade deste sitio web é a de promocionar e dar información do grupo de rap Ezetaerre.

Condicións de uso

O uso deste sitio web outórgache a condición de “usuario” e implica a aceptación completa de tódalas cláusulas e condicións de uso incluídas nestas páxinas:

Se non estás conforme con todas e cada unha destas cláusulas e condicións, absteraste de empregar este sitio web.

O acceso a este sitio web non supón o inicio dunha relación comercial co titular.

Este sitio web proporciona o acceso a diversos contidos propiedade do titular ou dos seus colaboradores. A tal efecto, o usuario ten a obriga e o compromiso de non empregar os contidos deste sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste Aviso legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros; ou que poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir o uso normal dos contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e outros contidos almacenados en calquera equipo informático, ben sexa propiedade do titular ou contratado por el, ben sexa doutros usuarios da Internet.

Medidas de seguridade

Os datos persoais que facilites ao titular poden ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva ao titular. Este asume as medidas (técnicas, organizativas e de seguridade) que garantan a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas, de acordo co establecido na normativa vixente en protección de datos.

Así e todo, o usuario ten que ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos na Internet non son enteiramente fiables, polo que, por tanto, o titular non pode garantir a inexistencia de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos do usuario. O titular pon todos os medios necesarios e toma as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos nocivos.

Tratamento de datos persoais

Podes consultar toda a información relativa ao tratamento de datos persoais que recolle o titular na páxina da Política de privacidade.

Contidos

O titular obtivo a información, o contido multimedia e os materiais incluídos no sitio web de fontes que considera fiábeis. Aínda que se tomaron todas as medidas para asegurar que a información contida no sitio é correcta, o titular non garante que esta sexa exacta, completa ou actualizada. O titular declina expresamente calquera responsabilidade por error ou omisión na información contida nas páxinas deste sitio web.

Os contidos de ezetaerre.com teñen unicamente unha finalidade informativa e, baixo ningún concepto, deben empregarse ou considerarse como unha oferta de venda, solicitude dunha oferta de compra ou recomedación para realizar calquera outra operación, excepto que esta sexa indicada de xeito expreso.

O titular resérvase o dereito a modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido de ezetaerre.com, as ligazóns ou a información obtida a través do sitio web, sen necesidade de previo aviso.

O titular non é responsable dos danos e prexuízos que poidan derivarse do uso da información deste sitio web ou da contida nas súas redes sociais.

Ligazóns a outros sitios web

O titular pode proporcionar acceso a sitios web de terceiros mediante ligazóns coa finalidade exclusiva de informarte sobre a existencia doutras fontes de información na Internet nas que se poden ampliar os datos ofrecidos neste sitio web.

Estas ligazóns non supoñen, en ningún caso, unha suxestión ou recomendación para que se visiten ditas páxinas web, fóra do control do titular, que non se fai responsable do contido dos sitios web vinculados nin do resultado que se obteña ao seguir as ligazóns. O titular tampouco responde das ligazóns ubicadas nos sitios web vinculados.

O establecemento da ligazón non implica, en ningún caso, a existencia de relacións entre o titular e o propietario do sitio do que se estableza a ligazón, nin a aceptación ou aprobación por parte do titular dos seus contidos ou servizos.

De acceder a un sitio web externo dende unha ligazón dentro de ezetaerre.com, é obriga do usuario ler a política de privacidade de dito sitio web, xa que pode ser diferente á política deste sitio.

Propiedade intelectual

Todos os dereitos están reservados. Calquera acceso a este sitio web está suxeito ás seguintes condicións: a reprodución, almacenamento permanente e a difusión dos contidos ou calquera outro uso que teña finalidade pública ou comercial queda expresamente prohibido sen o consentimento previo, expreso e por escrito do titular.

Limitación de responsabilidade

O titular declina calquera responsabilidade no caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento dos servizos ou contidos ofrecidos na Internet, calquera que sexa a súa causa. Ademais, non se fai responsable por caídas da rede, perdas de negocio debidas a ditas caídas, suspensións temporais do fluído eléctrico ou calquera outro tipo de dano indirecto que lle poida suceder ao usuario por causas alleas ao titular.

Antes de tomar decisións e/ou accións en base á información incluída no sitio web, o titular recomenda ao usuario comprobar e contrastar a información recibida con outras fontes.

Contacto

No caso de que o usuario teña calquera dúbida acerca das condicións legais ou quera facer calquera comentario acerca deste sitio web, pode enviar unha mensaxe de correo electrónico á dirección ezr.galiza@gmail.com.